DOCENCIA

| UNIVERSIDADE |

  • ROSAURA- Aula de teatro Universitaria de Ourense Nivel de Iniciación (1996-2022)

Trátase dunha actividade pedagóxica que busca o pracer do espontáneo e a parte lúdica do traballo escénico. Neste xogo é máis importante o proceso creativo que o produto final, co fin de contribuír á formación e desenrolo dos alumno e alumnas. A través de fantasías dirixidas , xogos vocais, escenas de linguaxe imaxinaria ou transformación dos obxectos , trabállanse os desbloqueos, a escoita e a comunicación das persoas para crear un grupo de traballo aberto ás propostas creativas e onde todos e cada un dos asistentes se sintan protagonistas e partícipes do xogo teatral.


  • PUM-Programa Universitario de Maiores(2013-2022). Da Universidade de Vigo-Campus de Ourense        

A importancia formativa do teatro está en que agrupa os recursos expresivos do ser humano: lingüístico, corporal, plástico e rítmico-musical. Cada un deles ten un lugar independente nos programas educativos. A dramatización ofrece a oportunidade de traballalos simultaneamente , coa motivación que supón para o alumnado o seu carácter lúdico. Ofrece así unha linguaxe globalizadora, que non parcela artificialmente as manifestacións expresivas e ademais proporciona o mellor camiño para desenrolar a creatividade.


  • ENTREBAMBOLINAS (2014-2022)     

Grupo de teatro  amador composto por persoas maiores e vinculado á Universidade de Vigo-Campus de Ourense, creado para a formación teatral das alumnas e alumnos e a posta en escena de espectáculos teatrais. 


| NA ESCOLA |

  • CENTROS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO (1983-2022)

Cursos para docentes en Centros de formación ou nas escolas. Sempre cunha metodoloxía que parte da vivenciación, con sesións lúdicas e reflexión sobre a posta en práctica nas aulas e nos distintos ciclos educativos.

Algún dos títulos dos cursos impartidos:

" Teatro e emocións" "Expresión no verbal" "O Xogo dramático como ferramenta educativa" "Relaxación na aula" "Estratexias de animación lectora" "Dinamización de Bibliotecas" "Lectura e familia" "Contos para educar"........


  • EDUCACIÓN RESPONSABLE (2018-2022)

Sabela Gago exerce de docente no terceiro módulo, na formación de "CREATIVIDADE" . Este programa deu comezo no ano 2014 no Estado español e xurde da colaboración entre a Fundación Botín e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia ; estruturase en tres módulos correspondentes a tres anos de formación para os Centros de ensino de primaria e secundaria.

1º---Desarrollo afectivo

2º---Desarrollo social

3º---Creatividade

Os obxectivos desta formación son: Espertar o talento creativo do profesorado para fomentalo no alumnado//Coñecer como funciona o cerebro e os obstáculos que plantea á creatividade//Ofrecer ferramentas para traballar na aula//Creación dun plan persoal para ser mais creativa.