Os Premios da Cultura Galega, convocados anualmente pola Xunta de Galicia, son o recoñecemento ao labor desenvolto nos distintos ámbitos da cultura por persoas, colectivos e institucións.Os membros do xurado outorgáronlle o Premio da Cultura Galega 2016 de Artes Escénicas á compañía Sarabela Teatro.

Foi moi agradable sentir o recoñecemento e compartir aquela tarde cos amigos que nos acompañaron.