O Entroido é tempo de actuar con liberdade, de cambiar roles e, por riba de todo, de moita troula. Así o pasamos de ben cos rapaces e rapazas de educación primaria que aprenderon a facer os mecos nas aulas e cantaron as regueifas correndo pola Praza Maior os xoves de compadres e comadres.