Sabela Gago, encargouse do contido didáctico da visita dos Centros educativos. Escribiu os textos de presentación e adaptou os contos para que permitisen o xogo dramático cos nenos. Encargouse do atrezo e o vestiario e ideou as actividades de animación lectora.

 

“MÁIS ALÁ DAS NUBES” Foi unha experiencia de animación lectora entre planetas e estrelas que fixo viaxar aos rapaces e rapazas por espazos imaxinarios para descubrir experiencias sensoriais, verbais e lectoras, diferentes ás realizadas nas aulas no día a día, pero complementarias.

30 días de sesións cheas de maxia e dinamismo para motivar a alumnos de idades comprendidas entre os 3 anos e os 10, que marcharon despois da visita, cun sorriso e moitas ganas de ler.

 

unnamed (45) unnamed (13) unnamed (10)