Animación a Lectura

Experiencia Teatral

Formación

Docencia e Dirección Teatral

Audiovisual

ESPECTÁCULOS EN CARTELEIRA

“PEQUENAS CERTEZAS” de SARABELA TEATRO

ESTREA 24 NOVEMBRO 2014 – AUDITORIO DE OURENSE

Sinopse

Mario desapareceu. Natalia emprende unha viaxe á cidade natal de Mario. Aí atópanse cos seus irmáns, coa noticia dunha fraude, e con decatarse de que ninguén coñecía de todo a Mario. O enfrontamento entre as familias estala. Seres desamparados ante a certeza de que só poderán sobrevivir, se poden asirse ás pequenas conviccións cotiás que a vida lles dá. Pequenas certezas explora a presenza de alguén a través da súa ausencia: Mario desaparece e na súa busca familiares e amigos atopan que as versións de cada un deles en torno á mesma persoa son distintas e ás veces contrapostas. A nosa existencia confórmase de todo o que temos e tamén de todo o que perdemos. Cando o noso corpo perde un órgano, el mesmo protéxese enchendo ese baleiro coa creación de novas conexións, así na vida, cando se nos extrae un amor, unha presenza, un ser que é parte de nós, tamén debemos encher ese baleiro.

Máis información:  www.sarabelateatro.com

Reparto Artístico

Fernando Dacosta . . . (Xoán)
Nate Borrajo . . . (Natalia)
Elena Seijo . . . (Nai)
Fina Calleja . . . (Olga)
Sabela Gago . . . (Sofía)

Reparto Técnico

Bárbara Colio . . . Autora
Ánxeles Cuña Bóveda . . . Dirección
Suso Montero . . . Escenografía
Baltasar Patiño . . . Iluminación
Marta Anta …Vestuario
Raquel F. Fidalgo … Maquillaxe
Ovidio Aldegunde … Fotografía
Nate Borrajo . . . Tradución
Expresiva . . . Deseño
Alva V. Carpentier … Gravación e Dvd
R. Dobaño, J.M. Bayón … Técnicos escena
Carlos D. Del Río … Produción artística e económica

 

“O ÚLTIMO DRAGÓN” de SARABELA TEATRO

ESTREA 26 DE DECEMBRO 2014 – CARBALLO

Sinopse

O dragón da nosa peza non é un dragón corrente, trátase do último da súa especie por que os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan ao fondo da cova onde vive para rematar con el e cumprir así a tradición, o noso amigo se nega a moverse: Para que vou eu querer unha pincesa? Di Para comela, non? contéstalle a princesa treméndolle un pouquiño a voz. Un corno a vou a comer -dixo o dragón molesto pola insistencia dos chicos-. Nin sequera se me ocorrería tocar unha cousa tan horrible! Baixo unha estrutura clásica, relendo e inspirándonos en autores como Y. Nesbit ou Kenneth Grahame, construímos unha broma na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros, Celia, Telmo, e o dragón protagonizan unha historia de amizade.

Máis información: www.sarabelateatro.com

Reparto Artístico

Fernando Dacosta . . . (Chambelán e o neno Telmo)

Nate Borrajo . . . (Princesa Celia)
Elena Seijo . . . (Raíña Nai)
Sabela Gago . . . (Primeira Ministra)

Reparto Técnico

Fina Calleja . . . Autora
Fina Calleja . . . Dirección
A menos de 7 metros . . . Escenografía
José Bayón . . . Iluminación
Ruth D. Pedreira …Vestiario
Raquel F. Fidalgo … Maquillaxe
ghedesign . . . Deseño
R. Dobaño, J.M. Bayón … Técnicos escena
Carlos D. Del Río … Produción artística e económica