EDUCACIÓN VIAL

En colaboración con STOP ACCIDENTES DE OURENSE e o COLEXIO CISNEROS, Sabela Gago retoma o personaxe de Cancodrilo para saír a rúa e aprender cos rapaces e rapazas as normas de circulación vial.

 

unnamed (67)

EXPOSICIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Sabela Gago, encargouse do contido didáctico da visita dos Centros educativos. Escribiu os textos de presentación e adaptou os contos para que permitisen o xogo dramático cos nenos. Encargouse do atrezo e o vestiario e ideou as actividades de animación lectora.   “MÁIS ALÁ DAS NUBES” Foi unha experiencia de animación lectora entre planetas e…

Details

DESFILE ROSAURA

Como cada mes de abril e para inaugurar a MITEU, o grupo de Teatro Rosaura, vencellado a Universidade e dirixido por Sabela Gago, saíu a rúa para anunciar o comezo dunha nova Mostra de Teatro Universitario en Ourense. No 2017 co espectáculo “Identidade Propia

 

CANCODRILO

Un Proxecto a tres bandas para enganchar aos máis pequenos á lectura. A Editorial Linteo presenta a colección de contos “Cancodrilo”, o Concello de Ourense convida as Aulas de Infantil dos colexios da cidade e Sabela Gago realiza un espectáculo interactivo e coa lectura como eixe principal, que fai rir e xogar os máis pequenos…

Details

OBRADOIRO DE COMADRES E COMPADRES POLOS COLEXIOS OURENSÁNS

O Entroido é tempo de actuar con liberdade, de cambiar roles e, por riba de todo, de moita troula. Así o pasamos de ben cos rapaces e rapazas de educación primaria que aprenderon a facer os mecos nas aulas e cantaron as regueifas correndo pola Praza Maior os xoves de compadres e comadres.

PREMIO DA CULTURA GALEGA

Os Premios da Cultura Galega, convocados anualmente pola Xunta de Galicia, son o recoñecemento ao labor desenvolto nos distintos ámbitos da cultura por persoas, colectivos e institucións.Os membros do xurado outorgáronlle o Premio da Cultura Galega 2016 de Artes Escénicas á compañía Sarabela Teatro. Foi moi agradable sentir o recoñecemento e compartir aquela tarde cos…

Details